Imprensa é o departamento de publicación propio da escola Pc Carrier. Nel desenvolvemos tódolos productos que o alumno necesita na súa aprendizaxe e se lle entrega ó alumno como material. Pc Carrier pon a túa disposición o seu fondo bibliográfico e visual tanto co respecto os cursos como as certificacións:
Manuais:
- Cursos: estes manuais son os desenvolvidos por Pc Carrier e neles poderás atopar explicacións sinxelas sobre o funcionamento dos programas que esteas a estudar nese intre e mailos exercicios axeitados ós coñecementos adquiridos
- Certificacións: manuais oficiais de Microsoft e Cisco
CD's e DVD's
Tamén tes á túa disposición unha morea de CD's e DVD's onde poderás
consulta-los temas máis diversos
En inglés:
O
sistema Speak Up consta dunha serie de revistas, cintas de vídeo e DVD's que che permitirán mellora-lo teu inglés, poderás ter acceso a :
- unha serie de libriños onde non so poderás practica-la túa habilidade coa lectura senón tamén adquirir unha chea de coñecementos acerca da película do que trata o libriño: quen foi o autor do guión ou da novela na que se basea a película, os protagonistas, o argumento da película, a linguaxe utilizada na mesma e unha moita máis información.
- CD's e DVD's: a película correspondete en V.O. con subtítulos en inglés, para que che acostumes ó son do idioma e, ó mesmo tempo, practiques a pronunciación correcta
- as revistas son axeitadas para amosar ó alumno o estilo periodístico inglés e tamén para practica-la lectura ó mesmo tempo que a pronunciación xa que moitos dos artículos teñen a súa forma oral no DVD correspondente, o que se mostra na mesma revista cunha símbolo
|